Fegadace (Federación galega de Dano Cerebral), o 21 de xuño de 2021.

O vindeiro 12 de setembro celebrarase en Ourense, un trail e unha andaina solidaria “Camiñando polo Dano Cerebral”.

Trail, 14 km (10€ inscripción).

Andaina, 8.5 km (5€ inscripción).

 

Un trail e andaina solidaria en Ourense, o percorrido da última etapa do Camiño de Santiago cun grupo de persoas con dano cerebral, un ciclo de charlas en concellos xacobeos e un vídeo e un folleto para informar aos peregrinos e peregrinas sobre como previr o dano cerebral adquirido son as iniciativas que compoñen ‘Camiñando polo dano cerebral’, o proxecto que hoxe presenta FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.

A prevención do dano cerebral é unha preocupación transversal para FEGADACE. A nosa discapacidade non se pode evitar, pero si se pode previr incidindo nas súas causas. O risco de ictus e traumatismos por accidentes ou golpes pode minimizarse se se teñen en conta os consellos da Federación Galega de Dano Cerebral.

O Camiño de Santiago é o escenario de moitas situacións de risco, especialmente de traumatismos cranioencefálicos, pero tamén é unha oportunidade fantástica para incorporar hábitos saudables, sobre todo a nivel de actividade física, cos que reducir o risco de ictus. Por iso a primeira iniciativa que lanza FEGADACE dentro de ‘Camiñando polo dano cerebral’ é un vídeo dirixido a todas as visitantes que chegan a Compostela a pé ou en bicicleta:

 

 

 

Deja una respuesta