O pasado 11 de xuño de 2021 no CEIP Bibei de Viana do Bolo, celebrouse unha carreira solidaria entre o alumnado. O artífice do evento foi o mestre de Educación Fisica do Centro, Pepe Jiris, co apoio de todo o profesorado.
Este ano, doaron a metade da inscripción a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense Renacer.
Non temos máis que palabras de agradecemento e orgullo da contorna social que nos acompaña día tras día.
Moitas gracias ao alumnado, profesorado e familiares do Ceip Bibei A Xoaniña Lisa de Viana do Bolo, por doarnos 557 € da recadación da súa carreira solidaria, na que participou o alumnado co apoio de todo o profesorado á iniciativa de Pepe Jiris.
Unha gran mostra de solidariedade, principios, valores e compromiso social, que nos amosa a través do deporte, unha forte implicación cos colectivos máis vulnerables e segue construíndo a través do ensino público, un camiño que conforma a realidade de todos, unha realidade que debe contar con todos os individuos sen excepción.
Tamén gracias, por facer que xunto ao aporte económico, teña moito valor para nós a visibilización e sensibilización cunha realidade como é a do Dano cerebral Adquirido, sobre todo en idades máis temperás.
MOTÍSIMAS GRACIAS !

Deja una respuesta