Punto de información. Espazo Asociativo do Complexo Hospitalario de Ourense.

O mércores 9 de outubro inaugurámonos no espazo asociativo no Complexo Hospitalario de Ourense. O noso obxetivo é crear un punto de información para toda a cidadanía sobre o Dano Cerebral Adquirido e as tarefas que desenvolvemos en DCA Ourense Renacer.

Podedes atoparnos os segundos e cuartos mércores de cada mes, en horario de 13.00h a 15.00h.

Recordámosvos que tamén estamos dispoñibles de luns a venres na oficina en horario habitual ou no teléfono 988225056.

Deja un comentario